luns, 19 de febreiro de 2018

PASEO LITERARIO POLO VIGO DE ROSALÍA

En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.
O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un paseo literario Polo Vigo de Rosalía, guiado por Xurxo Martínez González:
Día: 24 de febreiro (sábado)
Punto de encontro/saída: oliveira do Paseo de Alfonso XII ás 11 horas
Non é necesaria inscrición previa.
Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.
Valoraremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de "Cantares gallegos".
Pasearemos polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real, Oliva... Deterémonos diante da imprenta de Compañel, da biblioteca pública, da imprenta do Faro de Vigo, da sede do goberno provincial...
Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.
PERCORRIDO DO PASEO LITERARIO: POLO VIGO DE ROSALÍA 
Non cómpre inscrición previa Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista; valorar o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubrir os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de Cantares gallegos; saber que na rúa Real Juan Compañel mantiña a imprenta do Rexurdimento... 
Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural. 
PUNTOS DE INTERESE: OLIVEIRA PRAZA DO PEÑASCO: falaremos sobre a importancia do movemento industrial; o desenvolvemento da burguesía, os cambios arquitectónicos que se ían producindo daquela... 
RÚA CHAO: darase a coñecer a relación da familia Chao con Vigo e con Rosalía de Castro. A importancia dos irmáns Chao, sobre maneira de Alejandro Chao... 
RÚA REAL: faremos dúas paradas; unha diante do que foi a sede da provincia de Vigo. O que nos levará a falar sobre o significado que tivo sermos provincia e a súa relación coa chegada a Vigo da imprenta. E xa daquela, da relevancia cultural do Vigo do momento. A seguinte será diante da imprenta de Compañel, onde falaremos da Rosalía dos Cantares. 
RÚA OLIVA: fronte onde estaba a imprenta de Faro de Vigo, local de Ángel Lema. 
BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL, sede do antigo Casino de Vigo. A importancia do seu presidente, mecenas de Rosalía de Castro, por ter posto os cartos para que houbese a imprenta de Compañel en Vigo. Relevancia do Casino. 
PRAZA DA CONSTITUCIÓN, onde estaba a botica de José María Chao. Sobre o movemento cultural, social e político que se producía na rebotica. 

CONCURSO: " O OLLO DE VIDRO"


Xa está aberto o prazo para participar no III concurso "O Ollo de Vidro" 
Se che gusta ler e queres recomendar un libro ou animar a lectura en xeral, participa neste concurso organizado pola Bibiloteca Municipal Xosé Neira Vilas e os equipos de Dinamización lingüística do IES Castelao e da EOI de Vigo. 
 Colaboran no proxecto a Asociación de Veciños do Calvario e o Mercado do Calvario. 

Como novidade este ano contamos coa participación no Festival de Curtas de Cans.

Anímate!!! Podes gañar un destes fantásticos premios:

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa e un lote de libros.
  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 250€ e un lote de libros.
  • C. Premio Festival de Cans.
    Hotel para dúas persoas (noite de venres 25 e sábado 26 de maio), dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, placa conmemorativa e un lote de libros.
Para máis información: 



martes, 6 de febreiro de 2018

CURSO DE AUGA DOCE


O curso dos ríos, vertebradores desde sempre do noso territorio e da nosa relación co espazo, empregados como fonte de recurso e incorporados ao noso patrimonio inmaterial na elaboración de lendas, mitos, léxico ou fraseoloxía, atesouran unha grande riqueza lingüística e cultural que é de todas e de todos, de aí a importancia de dala a coñecer e facilitar o acceso a ela.
Neste curso profundaremos no coñecemento dalgúns aspectos da lingua galega seguíndomos os cursos dos nosos ríos e regatos, e de todo canto medrou e medra ao longo das súas bacias e máis da historia que os acompaña, ese outro río.
O curso remata cunha saída a uns muíños vigueses e a un bosque de ribeira.
O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

DATAS: 20, 22, 27 de febreiro e 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22 de marzo de 2018

HORARIO: de 18:30 a 20:30 LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Bouzas-Casa Patín (Eduardo Cabello, 36)
DURACIÓN DO CURSO: 20 horas ( + saída de 2 horas a muíños)
Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org {poñer no asunto: curso de auga doce} A Oficina Municipal de Distrito de Bouzas é un espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81

LUDOTECA LINGÜÍSTICA: FORZA 3


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Ludoteca lingüística: Forza 3

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas.
"Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas relacionadas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.


Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (5.º)


Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 70 21 94)


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 5 de marzo ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 5 de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)

Os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81
Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística para primaria (5.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir esta solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 5 de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 50


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 15 marzo (xoves), ás 10:00                      _____ 20 marzo (martes), ás 10:00
_____ 15 marzo (xoves), ás 12:30                      _____ 20 marzo (martes), ás 12:30
_____ 16 marzo (venres), ás 10:00                     _____ 21 marzo (mércores), ás 10:00
_____ 16 marzo (venres), ás 12:30                     _____ 21 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 19 marzo (luns), ás 10:00
_____ 19 marzo (luns), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

venres, 3 de novembro de 2017

OBRADOIRO " ACHEGAMENTO AO MUNDO DOS COGOMELOS" EOI VIGO

OBRADORIO "Achegamento ao mundo dos cogomelos" o 22 e 29 de Novembro na EOI de VIGO

Achegamento básico ao mundo da micoloxía incluíndo diferentes temáticas relacionadas cos cogomelos. Trataranse puntos coma a definición de fungo e cogomelo, os tipos de fungos e a súa función na natureza, a morfoloxía dos cogomelos e os métodos e normas básicas de identificación das diferentes especies, a normativa para apañar cogomelos, a toxicidade dos cogomelos e os problemas que pode xerar, os cogomelos comestibles e a gastronomía e tamén outros usos dos fungos. 


mércores, 4 de outubro de 2017

CARTAS AO APALPADOR


Este ano tamén! Todas as cartas que recibamos do 1 de outubro até o 31 de decembro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Só tendes que enviar a vosa carta ao enderezo de abaixo.
Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados. O premio está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.
Participarán todas as cartas que estean no noso poder o 31 de decembro, tanto para as que cheguen por correo como as escritas na web. O resultado coñecerase a través deste sitio web: www.apalpador.com antes da volta das vacacións de Nadal aos colexios. Ollo, non mandedes cartas ao apartado dos outros anos!
Escribe a túa carta!
O Apalpador
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña

luns, 2 de outubro de 2017

VIGO LITERARIO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros literarios Proxecto Vigo Literario
Vigo tivo e ten unha presenza destacada na literatura galega e na literatura noutras linguas. A cidade foi, e ségueo a ser, referida nas páxinas do mellor da nosa literatura. Na obra de escritores e escritoras como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Cid Cabido, M.ª Xosé Queizán, Rexina Vega, Vigo adquire, como territorio narrativo, un valor propio. Houbo tamén autores noutras linguas como Torrente Ballester, Jules Verne,  Ernest Heminway, Fialho de Almeida que narraron Vigo.

O proxecto Vigo e Literatura pretende mostrar Vigo como espazo literario e como recurso educativo. Entendemos que un proxecto destas características pode servir para facer visíbel a obra de autores e autoras galegos, que non sempre atopan espazo nos medios de comunicación social. Este proxecto debe servir, tamén, para dar a coñecer a propia cidade e a súa historia aos seus habitantes, os vigueses e as viguesas.

O obradoiro inclúe unha breve introdución centrada na presenza de Vigo na literatura galega e outras literaturas, como a española, portuguesa, inglesa. Trataranse cuestións como a evolución urbana e social da cidade, como nos ollan desde fóra.
Haberá unha outra parte do obradoiro cunha dinámica participativa. Valéndonos de fragmentos de obras literarias de diferentes épocas, e que teñan como marco diferentes espazos de Vigo, trataremos de que o alumnado sexa quen de os identificar sobre cartografía e imaxes da cidade. Utilizaríamos ferramentas dixitais para a confección de mapas interactivos, como Ikimap.

Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: aula de informática, proxector de vídeo

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Beatriz Collazo 647 47 05 05


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 16 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: proxecto vigo literario)


Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 28 horas.
O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá a un espazo ficcional. Atopando tamén nesa viaxe unha serie de principios propios do teatro. Bases específicas das artes escénicas, que traballaremos dende un punto de vista eminentemente lúdico.
Por outra banda, empregaremos a creatividade teatral como recurso para fomentar a normalización da oralidade en galego como lingua de cultura e de ocio, para o que contemplamos dúas liñas de accións:
Incorporación de textos da literatura dramática galega contemporánea
Emprego da lingua como pauta nos xogos teatrais e nas improvisacións
O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.
Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas.
O obradoiro terá lugar os días 10, 17, 24, 31 de outubro; 7, 14, 21, 28 de novembro de 2017, de 17:00 a 20:00, no IME-Instituto Municipal de Educación (camiño do Chouzo, 2-salón de actos)
Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono (poñer no asunto: obradoiro teatro)

Documentación

domingo, 17 de setembro de 2017

30 E TANTOS ÓSOS


Estimado/as compañeiro/as: 

aquí vos envío o dossier da proposta teatral 30 e tantos ósos xunto coa unidade didáctica. Os cursos aos que vai destinado son: 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato. Podedes encaixalo dentro de materias vinculadas coa língua, arte e ética, entre outras. Adiántovos que xa a representamos con éxito para moitos centros educativos de concellos galegos tales como A Cañiza, Cangas, Teo, Ponteareas, Nigrán etc. Tanto profesorado como alumando quedaron moi satisfeitos. Apetécenos agora que chegue ao maior número de institutos de Vigo, xa que consideramos que a actividade ten un alto valor pedagóxico, ademais de facernos especial ilusión representala na cidade olívica, sede oficial da compañía.

30 e tantos ósos é unha peza de creación que naceu na ESAD de Galicia, estreouse no FITO, foi seleccionada no VI CENIT de Sevilla, no Galicia Escena Pro na modalidade de showcase e recibiu o María Casares 2016 ao mellor texto orixinal. 

O título da peza fai alusión ao feito de todas as actrices seren mulleres de 30 e tantos anos que pretenden despoxarse das capas alleas para chegar ao máis esencial de si mesmas, aos seus ósosA resposta do público está sendo moi calurosa e emocionante, os comentarios dos/as espectadores/as coinciden ao salientar como estimulante a forza plástica da peza cunha estética contemporánea, a oscilación entre a comedia e o drama, así como a calidade dos textos que apelan ao riso, a emoción e a reflexión.

A obra afonda na problemática da muller en relación ás etiquetas impostas socialmente, propoñendo un camiño para rompelas e tratar de liberarse delas. Consideramos que é un asunto de actualidade, que se presta á realización dun breve coloquio despois do espectáculo, establecendo un diálogo co público sobre as liñas máis relevantes da peza e do proceso de creación. 

Un cordial saúdo e moitas grazas pola voso interese.
diana

--

Contacto:
661 722 106 Diana Mera
666 193 137 Merche Pérez
654 505 304 Teté García
facebook.com/aporiateatro

Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel 2" Temática: Normalización Lingüística

PERSOAS DESTINATARIAS:
O curso Achégate ao galego nivel 2 está concibido como unha continuación da formación adquirida nos cursos de achegamento dos niveis anteriores (0 e 1) e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que posuíndo uns coñecementos xerais do idioma e tendo algunha formación previa en lingua galega, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.
PROBA DE NIVEL:
Co obxecto de conseguir unha maior homoxeneidade na formación do grupo e garantir o máximo rendemento e aproveitamento do curso, no primeiro día de clase farase unha proba de nivel para avaliar o grao de competencia e o nivel de dominio do idioma do alumnado.
OBXECTIVOS:
A finalidade primordial das nosas aulas consiste en motivar e guiar o alumnado nunha aprendizaxe activa e autónoma do idioma, dotándoo dos recursos necesarios para se converter nunha ou nun usuario competente, capaz de utilizar adecuada e eficazmente a lingua galega nun amplo repertorio de situacións comunicativas propias de diferentes ámbitos, cun grao crecente de formalidade e complexidade; sabendo desenvolverse con certa seguridade e sen moitas dificultades nos contextos en que o galego é lingua de traballo e interacción.
CONTIDOS:
-A expresión oral e escrita das necesidades comunicativas, afectivas e creativas en lingua galega.
-A elaboración do discurso: produción de textos coherentes e cohesionados.
-Variedades da fala. Rexistros e modismos.
-Vocabulario e rexistros relativos a diferentes situacións formais e informais presentes na vida diaria.
-A planificación da aprendizaxe. Recursos de autoaprendizaxe e autoavaliación.
METODOLOXÍA:
Posto que a mellor maneira de aprender a escoitar, falar, ler e escribir é escoitando, falando, lendo e escribindo, traballaremos estas habilidades lingüísticas básicas mediante a exposición directa na aula a un uso auténtico do idioma, fomentando a participación activa do alumnado e facendo fincapé nos aspectos de maior dificultade e nas dúbidas de tipo teórico-práctico coas que nos enfrontamos tanto na oralidade coma na escrita, na nosa práctica diaria como usuarios da lingua.
Datas: 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 28 e 29 de novembro de 2017
Horario: Os luns e os mércores, de 18.30 a 21.00 horas
Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría-)
Inscrición: Deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: curso galego nivel 2)

Documentación

mércores, 13 de setembro de 2017


CURSOS DO CIOV, 2017-18


SAÚDOS

Ola a tod@s! Un ano máis disposta a partillar e propoñer actividades para desenvolver a nosa tarefa de fomento do uso do galego nas aulas.
Coma sempre colgaranse nesta páxina as propostas do ENL do Concello de Vigo, e anuncios de actividades e propostas para realizar actividades que se poidan realizar nas aulas ou fóra delas que proveñan doutras fontes. Tamén publicarei actividades, anuncios, fotografías, artigos...e outras que queirades partillar dos vosos centros de ensino, disposta coma sempre a traballar en prol do noso e poñer en valor o que o profesorado desenvolve.
Máis nada, un pracer comenzar este novo curso ao abeiro de manter con ilusión esta páxina. Conto con vós para encher as redes de fomento do galego!!!

* Podedes enviar ao enderezo electrónico da Coordinadora: cdedlg@gmail.com, ou a mabel.esperanza@edu.xunta.es
 Apertiñas.
Mabel

mércores, 7 de xuño de 2017

PASEO POLO VIGO DA ARTE DAS IRMANDADES DE FALA


UNHA MULLER NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

A CDEDLG de Vigo e Bisbarra súmase a esta iniciativa de " Polo correo do vento".

Bo día, convidámosvos a participar na campaña #Propónunhamuller dirixida á Real Academia Galega para que sexa unha muller á que lle dediquemos o Día das Letras Galegas de 2018. 
É moi sinxelo, vía correo electrónico, redes sociais, correo postal... como queirades, propoñede unha muller! 

Hai moitas máis, pero nós propoñemos as seguintes: 

Avelina Valladares 
Belén Feliú 
Clara Corral Aller 
Filomena Dato 
Luísa Villalta 
María de los Ángeles Tobío 
María Victoria Moreno 
Pura Vázquez 
Xela Arias 
Xosefa Iglesias Vilarelle 

Moitas grazas! 

Enrique Mauricio e Carlos Taboada. 

Polo Correo do Vento 
http://www.polocorreodovento.gal/ 

mércores, 3 de maio de 2017

ACTIVIDADE RECURSOS NATURAIS

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
da UVigo propoñen esta actividade para o
alumnado de 4.º de ESO e 1.º, 2.º de Bacharelato do Concello de Vigo.
Actividade Día Hora
entrada
Hora
comezo
Hora saída
(aprox.)
Recursos Naturais de
Galicia
(charla + exposición)
venres, 19 de maio 10:00 10:15 12:00

Obxectivo:
Coñecer a riqueza dos recursos naturais dos que dispón Galicia. Así, destáncanse fontes de enerxía
alternativas como a enerxía hidráulica, eólica, xeotérmica, solar e a obtida da queima de biomasa; e fontes
de riqueza mineral en Galicia como son o granito, os áridos para a construción, a lousa e as augas minerais.
Preséntase como é o seu aproveitamente actual e que ferramentas úsanse para a súa exploración,
explotación, elaboración, transformación e utilización, actividades todas elas que han de levarse a cabo de
forma segura, rendible e ambientalmente aceptable.
Por último, móstranse os aspectos ambientais na explotación dos recursos e outras actuacións que deben
levarse a cabo para restaurar os espazos afectados no momento que cese a actividade.
Programa:
- Exposición de carácter didáctico na que se amosan os principais “Recursos Naturais de Galicia”
- Charlas: Recursos minerais de Galicia
Recursos enerxéticos de Galicia
Técnicas para a xestión de recursos (láser, termografía, drones...)
Explosivos e recuepración de espazos mineiros
A actividade terá lugar no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as
que vai asistir.
Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado).
COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir
do martes 9 de maio (inclusive).

UNHA LECCIÓN DE CINE, 5º E 6º DE PRIMARIA

"Unha lección de cine" regresa outro ano máis e propón este filme, para o alumnado de 5.º e 6.º de primaria do Concello de Vigo.
Esta actividade conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Título
Días de proxección
Hora entrada
Hora comezo
Hora saída (aprox.)
O soño dunha noite de San Xoán
martes, 23 de maio
e
mércores, 24 de maio
10:00
10:15
12:45
Sipnose:
Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre nos contos. Pero cando enferma o seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, a raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois mal gobérnao o rei oberón, que comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Duración: 98 min

Está baseada na obra de W. Shakespeare O soño dunha noite de verán

Recomendamos consultar a web www.galiciaencantada.com, relacionada con esta temática.

As películas serán proxectadas no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.

É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir.
Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado).

Aos centros que asistan enviarémoslles a unidade didáctica do filme para traballar na aula.

COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do 8 de maio (inclusive).


luns, 24 de abril de 2017

UNHA LECCIÓN DE CINE, 1º E 2º DE PRIMARIA


"Unha lección de cine" regresa outro ano máis e propón este filme, para o alumnado de 1.º e 2.º de primaria do Concello de Vigo.
 Esta actividade conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Pinocchio 3000 luns, 15 de maio e martes, 16 de maio 10:15 10:30 12:00 Sipnose: Ano 3000. Geppetto é un xenial inventor da cidade de Scamboville crea a Pinocchio: un pequeno robot, coa personalidade dun neno. Pinocchio, alegre, imaxinativo, curioso mais tamén testán e inocente está disposto a calquera cousa para conseguir o seu soño: converterse nun neno de verdade. O malvado alcalde Scamboli, inimigo de Gepetto, cre que as cativas e cativos perturban a orde da súa perfecta tecnocidade e pretende encerralos todos nun parque de atraccións. Duración: 88 min Longametraxe de animación por ordenador que adapta libremente o relato Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino de Carlo Collodi (1881).
As películas serán proxectadas no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar. É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir. Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado). Aos centros que asistan enviarémoslles a unidade didáctica do filme para traballar na aula.
 COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do martes 2 de maio (inclusive).

ACTIVIDADE " MAGAS" PARA 5º E 6º DE PRIMARIA. FICHA DE INSCRICIÓN



CURSO DE ESCRITURA CREATIVA PARA ADULTOS Obradoiro literario “Aliteraclara”

CURSO DE ESCRITURA CREATIVA PARA ADULTOS
Obradoiro literario “Aliteraclara” 
Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e impartido pola escritora Clara do Roxo

 Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.
  Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.
  Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.
 Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias.
  Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita.

 Información en 696 15 42 03 DATAS: nivel 1: 8, 15, 22, 29 de maio de 2017 nivel 2: 5, 12, 19, 26 de xuño de 2017 (para facer o nivel 2, é obrigatorio ter feito o nivel 1)

HORARIO: de 18:30 a 21:00 LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12) {Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono, DNI e datas nas que fixo o nivel 1) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

Obradoiro de contaminación luminosa na EOI de Vigo. 27/04/2017

Obradoiro de contaminación luminosa na EOI de Vigo. 27/04/2017

O 27 de abril, ás 20.:30, estaremos na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vigo (sede central en Martínez Garrido) cun obradoiro sobre contaminación luminosa en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística.
Neste obradoiro falaremos de astronomía (identificación de estrelas e constelacións) e de como medir a contaminación luminosa contando estrelas e tamén doutros tipos de medida e da súa interpretació. Falaremos de proxectos internacionais e de como participar neles. Faremos diferentes xogos para aprender as causas e consecuencias da contaminación luminosa. Ao remate todos os asistentes serán capaces de recoñecer a contaminación luminosa, de medila e de saber de que forma hai que iluminar en cada momento para facelo correctamente.
Esperámosvos na EOI de Vigo. O obradoiro é de balde pero convén inscribirse en calidadedoceo@gmail.com, en eoi.vigo.edl@gmail.com ou na conserxería do centro.

Equipo de Dinamización Lingüística
Escola Oficial de Idiomas de Vigo

luns, 3 de abril de 2017

UNHA LECCIÓN DE CINE

"Unha lección de cine" regresa outro ano máis e propón estes filmes, para o alumnado de ESO do Concello de Vigo.
Esta actividade conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais.

FILMES
18 comidas martes, 25 de abril  de 10:00, ( entrada)  a 12:45, aprox.
Heroína mércores, 26 de abril de 10:00 a 12:45 aprox.
Aos centros que asistan enviarémoslles a unidade didáctica do filme para traballar na aula.
Haberá un cinefórum ao rematar a película.
As películas serán proxectadas no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.
É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir.
Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado).

COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do xoves 6 de abril (inclusive).

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 61 63 64
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego