sábado, 25 de febreiro de 2012

COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

O vindeiro mércores 29 de febreiro ás 20.15 horas terá lugar na Casa Galega da Cultura de Vigo (praza Princesa) o libro

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.
           
Agardamos que sexa do teu interese e rogamos a difusión do acto.

Edición do libro dos 20 anos dos equipos de Normalización

Estimados/as amigos/as:
Como ben sabedes, no ano 2011 os ENDL celebramos 20 anos con Agustín Ferńadez Paz, e outros inciadores no labor de normalización lingüística no ensino alá polos anos 70, no mes de xuño nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego ( http :// www . coordinadoraendl . org / vinteanos / index . php ).
Desde a CGENDL pensamos que era moi necesario recoller graficamente todo o que se dixo ese día porque se non ninguén o ía facer e quedaría esquecido. É por iso que lle pedimos a todos os relatores desa xornada que puxesen negro sobre branco a súa intervención para elaborar un libro e complementalo cun anexos onde se recolle moito material normalizador desde hai décadas que estaría destinado a desparecer. (Anexámosvos un o índice e algúns anexos).
Agora temos o libro maquetado e só falta o financiamento para ediltalo. Como sabedes, a Coordinadora de ENDL é unha asociación sen ánimo de lucro, baseada no voluntarismo, que non dispón de fondos económicos. Por ese motivo é polo que recorremos a vós:
Precísanse 1500 euros para financiar a edición do libro e nós facemos unha proposta de colaboración económica aos/ás docentes para sufragar a edición:
Que vos pedimos?
- Colaboracións económicas de mínimo 20 euros
Que recibides a cambio?
- Un exemplar do libro.
- O recoñecemento nunha páxina final do propio libro baixo o epígrafe: “PERSOAS QUE COA SÚA COLABORACIÓN ECONÓMICA CONTRIBUÍRON Á EDICiÓN DESTE LIBRO”.
Quen pode colaborar?
- Principalmente docentes do ensino galego ou persoas interesadas
- A colaboración será sempre nominal e nunca a nome de centros educativos ou equipos de normalización.
Como colaboro?
Envíanos un correo cos teus datos persoais (nome e apelidos, teléfono e enderezo postal) a correo @ coordinadora . es e porémonos en contacto contigo.
Por favor, difunde esta información entre todas as persoas que pensas que poden colaborar.
Datas:
- Até o 16  de marzo.

Moitísimas grazas
Saúdos dinamizadores
CGENDL

CONCURSO " INSPIRA CIENCIA"

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica que pretende combinar ciencia e escritura dunha forma participativa e ser un estímulo para a innovación.
Modalidades
O concurso ten dúas modalidades competitivas: relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras).
Categorías O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público novo (de 12 a 17 anos).

Os participantes deben rexistrarse nunha das dúas categorías e poden enviar como máximo un relato para cada modalidade competitiva. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato.

Lingua Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.

Consulta as bases do concurso e inspírate!

KAFKA E A BONECA VIAXEIRA

Kafka e a boneca viaxeira .Este texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.
Para a versión galega, Sandra Romarís,  Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal  de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.

Calendario

  • 15 ene 12 a las 19:00h Auditorio municipal, Valga
  • 20 ene 12 a las 10:00h Forum Metropolitano, A Coruña
  • 20 ene 12 a las 12:00h Forum Metropolitano, A Coruña
  • 21 ene 12 a las 19:00h Forum Metropolitano, A Coruña
  • 22 ene 12 a las 17:30h Forum Metropolitano, A Coruña
  • 29 ene 12 a las 19:00h Audotorio Municipal, Narón
  • 27 feb 12 a las 11:00h Teatro Jovellanos, Gijón, FETEN
  • 06 mar 12 a las 11:30h Salón do Libro, Pontevedra
  • 06 mar 12 a las 18:00h Salón do Libro, Pontevedra
  • 07 mar 12 a las 11:30h Salón do Libro, Pontevedra

venres, 17 de febreiro de 2012

CURSO DE SOMBRAS CHINESAS

PLURILINGUISMO INCLUSIVO

Desde a CGENDL vivimos con fonda preocupación a deriva do noso sistema educativo enganchado atrás dun Decreto de Centros Plurilingües que non é máis ca unha extensión do Decreto do Plurilingüismo (D. 79/2010), co que a administración, ademais de atentar gravemente contra a promoción da nosa lingua no ensino, pon en perigo, entre outras cousas, a competencia lingüística xeral do alumnado. No II Encontro de equipos e docentes pola normalización tratamos o tema e presentamos os documentos que se anexan, que precisan unha lectura demorada pero necesaria, e que tamén atoparedes en http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/ . Pregamos a súa difusión.
Por outra banda, os  XIV Encontros para a Normalización Lingüística  que organiza o Consello da Cultura terán lugar o 8 e o 9 de marzo en Santiago de Compostela. Baixo o foco da relación entre a lingua e a mocidade, o labor dos Equipos de Normalización Lingüística e as súas experiencias educativas teñen un papel destacado no programa.  A inscrición é de balde para os membros adscritos á CGENDL  e  o   prazo de preinscrición remata o 23 de febreiro . Tedes o formulario e toda a información relacionada en:
http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=330 .
Saúdos normalizadores
CGENDL

PODEDES VER O PROGRAMA E OUTROS DOCUMENTOS NESTE ENDEREZO
http://dl.dropbox.com/u/22728933/programa_encontros_14.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Por%20un%20pluriling%C3%BCismo%20inclusivo.pdf

mércores, 15 de febreiro de 2012

CERTAME AMIGA CANTIGA

Poden participar no certame AMIGA CANTIGA 2.0 todas as persoas que participaron nos Obradoiros de Literatura Medieval Amiga Cantiga que tiveron lugar en 16 centros de ensino do Concello de Vigo durante o Outono 2011.
A persoa de contacto do SNL no centro canaliza a participación de cada centro, sexa a participación “oficial” do centro educativo, sexa a participación espontánea de grupos de estudantes.
O número máximo de vídeos que pode presentar cada centro é 4. No caso de haber máis de 4 propostas, cada centro determinará os seus procedementos de selección.
A comunicación realizarase exclusivamente mediante o enderezo electrónico amigacantiga@xandobela.info. Dende este enderezo indicaranse todos os pasos a seguir e máis os cartafois na rede nos que depositar os vídeos presentados ao certame.
Cada centro proporcionará un enderezo de correo electrónico que se considerará o único interlocutor válido.
Crearase unha serie de cartafois na rede de uso compartido entre Xandobela e cada un dos centros. Estes cartafois teñen como único obxecto compartir grandes ficheiros audiovisuais a efectos de celebración do certame escolar AMIGA CANTIGA 2.0. Estes cartafois de uso compartido e acceso exclusivo serán borrados unha vez conclúa o proceso de comunicación do certame AMIGA CANTIGA 2.0, a non ser que así decidan non facelo ambas partes.

martes, 14 de febreiro de 2012

Nós tamén creamos! Actividade dirixida a Infantil e Primaria.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO Editora, presentaron o venres pasado o programa Nós tamén creamos!.
Obxectivos do programa:
  1. Incentivar o uso da lingua galega nos centros educativos en novos espazos e soportes.
  2. Favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas.
  3. Promover unha relación positiva dos rapaces coa lingua propia de Galicia, ao relacionala co audiovisual e coas TIC.
  4. Abrir unha nova oportunidade para que as nenas e os nenos se acheguen á lectura en galego.
  5. Fomentar a creatividade en lingua galega.
  6. Difundir as posibilidades de ocio en galego que ofrece a CRTVG.
O profesorado dos centros que se interesen por participar neste programa e resulten seleccionados recibirá material, formación e asesoramento. Ademais, as creacións dos rapaces difundiranse na sección infantil da web da CRTVG e estarán tamén accesibles dende esta páxina web. Haberá un premio para a mellor curta elaborada en educación infantil e mais no primeiro e no segundo ciclo de primaria. O traballo do profesorado premiado recoñecerase con 20 horas de innovación educativa.
No arquivo adxunto, achegamos as bases do concurso e o anexo. Para solicitar a participación, hai que enviar un correo electrónico cos datos que vedes nas bases a sxpl.secretaria@xunta.es. 
Podedes atopar esta información na ligazón:
Botade unha ollada e animádevos a participar!

Toponimia: curso de formación de especialistas

Estimados/as compañeiros/as

Poñémonos en contacto con vós nesta ocasión para achegarvos información dun curso para o vindeiro mes de marzo.
Toponimia: curso de formación de especialistas, está dirixido a mestres/as especialistas en galego, docentes de primaria e secundaria entre outros.

Achegamos información e ficha de inscrición por si é do voso interese.

Recibide un cordial saúdo,

Verbum - Casa das Palabras
Concellería de Cultura e Festas
Concello de Vigo

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Programa%20toponimia.pdf

luns, 13 de febreiro de 2012

CONTACONTOS: “Pepiña Maruxiña quere voar”

A Concellería de Normalización Lingüística organiza este contacontos o domingo 26 de febreiro, ás 18:00 horas no Verbum (avda. Samil, 17) para público familiar.
Entrada de balde.

domingo, 5 de febreiro de 2012

CAMPAÑA DE NORMALIZACIÓN SOBRE A FIGURA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Prezados/as amigos/as,
A Coordinadora Galega de ENDL quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización neste ámbito e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. En todas e en cada unha delas preténdese actuar, con maior ou menor intensidade, sobre a situación da lingua dentro do mundo da empresa. No documento anexo descríbese o proxecto e cada unha das medidas máis polo miúdo.
Por se vos é de axuda, as diferentes accións van acompañadas de ligazóns a recursos e materiais que xa se teñen desenvolvido nalgúns centros de ensino con anterioridade e que vos poden dar ideas para levalas adiante na medida das posibilidades e/ou recursos de cada equipo. Están á vosa disposición na páxina web da actividade:
http://coordinadoraendl.org/empresaengalego/
Este é só o punto de partida, agardamos as vosas achegas para que medre o número de recursos e propostas para desenvolver no ámbito empresarial.
Saúdos normalizadores
CGENDL

ENLACE
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Proposta%20de%20acci%C3%B3ns%20ao%20redor%20de%20Valent%C3%ADn%20Paz%20Andrade.pdf

xoves, 2 de febreiro de 2012

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO

Prezados/as amigos/as,
Ao igual ca no curso pasado, habilitamos na páxina web da CGENDL un  monográfico especial sobre o Entroido  con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas:  http://www.coordinadoraendl.org/2012entroido/ant4.php .
Nel, poderedes atopar recursos didácticos, manualidades, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc. Trátase dun especial en desenvolvemento que se irá actualizando con novas achegas nos próximos días; por iso, pedimos, unha vez máis, que nos remitades novos materiais elaborados nos vosos e noutros centros e que nos fagades chegar as vosas suxestións e propostas.
II Encontro de equipos e docentes pola normalización
Lembrámosvos que o próximo sábado 11 de febreiro terá lugar o  II Encontro de equipos e de docentes pola normalización  no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Podedes consultar o programa, e outras informacións de utilidade, na nosa páxina ( http://ir.gl/fdf0b9 ) e no ficheiros anexo. A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino da persoa interesada. Haberá tamén un espazo para a exposición de materiais elaborados polos equipos, que tamén precisan ser confirmados antes do 8 de mércores para que poidamos preparar os expositores.
Animámosvos a participar neste espazo que ten como obxectivo fortalecer as canles de colaboración, intercambiar experiencias educativas e coñecer outras metodoloxía no ensino das linguas e as propostas de traballo da Coordinadora para o resto do curso.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL