sábado, 30 de xuño de 2012

BO VERÁN A TOD@S!!!!!!!!!

Prezados/as amigos/as,
O curso 2011-2012 chega á súa fin e, durante un ano máis, desde a CGENDL tratamos de seguir traballando para facer máis doado e eficaz o labor dos nosos equipos. Para iso, ofrecémosvos tanto listaxes de actividades, ligazóns a páxinas de recursos, novas, etc., como tentamos dar saída, na medida das nosas posibilidades, a algunhas das demandas e queixas varias que nos fixestes chegar.
Como sempre vos lembramos, a CGENDL constrúese como un proxecto colectivo, polo que seguiremos agardando, no próximo curso, polas vosas propostas e suxestións para seren desenvolvidas, e pola vosa colaboración no día a día. Animámosvos a que, a pesar dos moitos atrancos que sufrimos os Equipos, sigamos a demostrar, coa vosa profesionalidade, o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado.
Moitas grazas a todas e a  todos.
Saúdos normalizadores e recibide os nosos mellores desexos para este verán.
CGENDL



SAÚDOS A TOD@S E GRAZAS! DESDE A CDEDLG DE VIGO E BISBARRA.

VIDEO DO CPR NS ESPERANZA

http://dl.dropbox.com/u/22728933/TRABAJO%20TERCERO%20ESO.wmv

CANTIGA DE AMIGA E ESCARNIO!? PROBA DE VIDEO PROMOCIONAL

Aquí vos deixo o segundo video.

VIDEO PROMOCIONAL DAS CANTIGAS DE AMIGA

Este video é unha mostra, con " tomas falsas" incluidas, do traballo realizado por alumnas e alumnos do CPR Esperanza e o IES de Teis co gallo de promocionar entre a xuventude a recuperación das nosas cantigas tradicionais de xeito " moderno" e adaptadas ás novas tecnoloxías. Os alumnos participaron nun obradoiro de cantigas, aprenderon a construilas,gravaron as súas propias cantigas, e meses despois, en conxunto, os dous centros participaron nunha xornada onde realizaron dous video-clips do seu traballo conxunto. A actividade estivo promocionada polo ENDL do Concello de Vigo, e coordinada por Brais, de Xandobela, coa colaboración e entusiasmo das profesoras destes xoves artistas Pilar e Mabel, e a inestimabel axuda, no tocante a vestiario, de Marta Souto que nos acompañou na xornada de convivio.
Parabéns a tod@s

domingo, 24 de xuño de 2012

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS ENDL

Prezados/as amigos/as,
Como ben sabedes, unha das nosas liñas de traballo é a de ser transmisores de todos aqueles materiais didácticos, proxectos ou recursos en galego que nos fan chegar á CGENDL, e que poidan ser útiles para os nosos equipos.
Neste sentido, informámosvos que podedes consultar nos seguintes enlaces dous recursos que nos enviaron recentemente:
  1. na ligazón http://83.165.217.41/ebooks/Axenda_escolar_2012_2013/index.html atoparedes información sobre unha axenda escolar en galego que podería ser un punto de arrinque para o novo curso escolar.
  2. na ligazón http://www.20editora.com/index.php/dicionario-moderno-ingles-galego.html atoparedes información sobre o primeiro Dicionario moderno inglés-galego que acaba de realizar a Universidade de Vigo.
Así mesmo, a Consellería vén de resolver as axudas ao fomento do uso do galego no ensino a falta de tres días para o remate do curso (http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/1286/educacion-concede-as-axudas-para-o-galego-no-ensino-a-tres-dias-da-fin-do-curso). Nos arquivos anexos tedes a listaxe de axudas por provincias (DOG, nº 116, de 19 de xuño) e unhas orientacións que a SXPL está enviando aos centros para a súa correcta xustificación. 
Saúdos normalizadores
CGENDL


INFORMACIÓN
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Orientaci%C3%B3ns%20da%20SXPL%20para%20a%20xustificaci%C3%B3n%20das%20axudas%20aos%20equipos.doc

ONDAS DO MAR DE VIGO. CPR NS ESPERANZA

http://dl.dropbox.com/u/22728933/TRABAJO%20TERCERO%20ESO.wmv

Video realizado por alumn@s de 3º de ESO do CPR NS Esperanza para traballar no aula as cantigas.