luns, 19 de novembro de 2012

TEATRO: A TEMPESTADE

- Teatro:
A tempestade
de William Shakespeare

Preséntanos a vinganza de Próspero, duque italiano perdido nunha illa remota, contra as persoas que causaron a súa desgraza. Relato fantástico, drama musical, comedia romántica e farsa bufonesca.
É o derradeiro texto completo escrito por Shakespeare

Días de representación:
27 de novembro, ás 12:00 h
28 de novembro; ás 12:00 h

Dirixido a:
alumnado de secundaria (ESO, Bacharelato e FP)
Lugar de realización da actividade:
Auditorio municipal, praza do Rei, número1
Cada centro escolar poderá reservar un máximo de 55 prazas (incluído o profesorado) para un dos días de representación.

Para solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono 986 81 02 81 os días 22 e 23 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h

OBRADOIRO GRATUITO: COMUNICACIÓN ORAL

Os luns, 26 de novembro e 3 de decembro no seminario 17 do IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, núm. 2) de 18:00 h a 20:00 h

Impartido por: Uxía Blanco
Dirixido a persoas adultas que queiran seducir coa voz. Obradoiro no que nos achegaremos a como comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz, ordenar o discurso... A linguaxe non verbal, a presenza, a brevidade...
Comunicación dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.
Asemade, vencemos prexuízos como "no hablo en gallego, porque no lo hablo bien" ou "en galego só nos entenden a xente de aquí".

domingo, 18 de novembro de 2012

RECITANDO CELSO EMILIO

Prezados/as compañeiros/as,

Ao cumprirse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, dende a CGENDL desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
RecitandoCelsoemiliO consiste nun acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, e terá lugar o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. A actividade diríxesea todos os centros educativos mais tamén poden sumarse a esta iniciativa asociacións de nais e pais, clubs de lectura, bibliotecas escolares e municipais, asociacións veciñais, etc.
Na páxina do evento (http://coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio) e no proxecto que anexamos , tedes toda a información sobre esta convocatoria. Animámosvos a difundir os vídeos publicitarios que o proxecto AudioVisual As Barxas elaborou para a ocasión, e a facernos chegar as vosas propostas, experiencias, consultas… para entre todos/as enriquecermos a actividade.
Unídevos xa a
RecitandoCelsoemiliO!

COA VOSA AXUDA PODEMOS CELEBRAR UNHA GRAN FESTA COLECTIVA!
Saúdos normalizadores
CGENDL

ANEXOS:

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Deitado%20frente%20ao%20mar%20poema%20maquetado.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Proxecto%20Recitando%20Celso%20Emilio.pdf

sábado, 10 de novembro de 2012

CANTIGAS NO MAGOSTO

MIL PRIMAVERAS

https://plus.google.com/103597357464230145620?cfem=1#103597357464230145620/posts?cfem=1

IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALIZA

AS IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia celebraranse os días 9 e 10 de novembro no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Máis de 1100 docentes asistirán a esta cita, pero o evento retransmitirase en directo para todos os interesados na páxina web do CAFI (www.edu.xunta.es/centros/cafi) e na páxina web de Bibliotecas Escolares(www.edu.xunta.es/biblioteca).O horario de emisión será, o venres de 17:00 a 20:00, e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias:
Elaboración de papel reciclado

A través da reutilización e reciclaxe do papel usado, o alumnado participará na elaboración dun papel diferente e atractivo; asemade, isto nos axudará a reflexionar sobre o abuso das cortas de árbores e a proliferación de monocultivos.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade:  no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar -por fax- cuberta, a
solicitude que se achega, o día 21 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 21 de
novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de papel reciclado 

para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 21 de novembro a partir das
9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os
campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 29 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 29 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 30 novembro (venres), ás 9:30 h
______30 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 3 decembro (luns), ás 9:30 h
______ 3 decembro (luns), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax

CONTOS DO MEDIO

A Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca Xosé Neira Vilas, organiza o obradoiro gratuíto

Contos do medio
Persoas adultas
o xoves, 15 de novembro ás 19:30 h
o xoves, 22 de novembro ás 19:30 h

Na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Emilio Martínez Garrido, 21)
Apertura de portas ás 19:15 h ata completar as 30 prazas
A temática dos contos céntrase nos bosques, nos ríos, no mar, nas árbores, na fauna e na flora; así aproximarémonos a estes ecosistemas na procura de os coñecer un pouco mellor, fomentarmos a visibilidade da súa diversidade, entendermos a nosa relación e as obrigas de todas e todos nós con eles.

venres, 9 de novembro de 2012

ROTEIRO ARQUEOLÓXICO POR CANDEÁN

A Asociación Cultural O Castro, en colaboración coa Comunidade de   Montes de Candeán celebrará este sábado 10, ás 17 horas, un roteiro arqueolóxico polo núcleo megalítico da mámoas de Candeán, para posteriormente participar na degustación de cogumelos e no magosto que  se celebra na Unión Veciñal de Candeán.
Para maior información, consulta o dítico que se xunta no enderezo electrónico.
Animáte a participar para coñecer un pouco máis das nosas comunidades de montes, da nosa prehistoria, e dos cogumelos, castañas e viño que produce a nosa terra. É de balde.

A.C. O Castro, de Vigo.

mércores, 7 de novembro de 2012

CONTACONTOS: XAN DAS ONDAS

Xan é un rapaz que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que Xan emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares.
Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?...

A Concellería de Normalización Lingüística
organiza este contacontos o venres 16 de novembro, ás 18:30 horas
no Centro Comercial Gran Vía (rúa Miradoiro, 2 - 2.a planta)
Para público familiar. Entrada de balde.

OBRADOIRO DE PLASTILINA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias:
Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante á plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.
Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...)

Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar (por fax) cuberta, a solicitude que se achega, o día 19 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 19 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de plastilina
para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 19 de novembro a partir das
9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os
campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 26 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 26 novembro (luns), ás 12:00 h
______ 27 novembro (martes), ás 9:30 h
______ 27 novembro (martes), ás 12:00 h
______ 28 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 28 novembro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

CONCERTO DUPLO R

xoves, 1 de novembro de 2012

TECENDO FUTURO

GALIZA CO GALEGO e a COOPERATIVA DE ENSINO AVOAESCOLA
As comisións de Galiza co Galego e da Cooperativa de Ensino Avoaescola
convidámosvos á presentación do proxecto
Galiza co Galego "Tecendo Futuro",
co que a asociación quere dar a coñecer a creación dunha Rede de Ensino Popular en galego dirixida pola cidadanía; e a posta en funcionamento da Cooperativa de Ensino Avoaescola, que posibilitará o ensino en galego, laico, pluralista, en valores, de calidade, inclusivo e democrático en calquera lugar de Galiza.
Este acto consistirá na proxección dun vídeo de 9 minutos e un debate explicativo conducido polo presidente de Galiza co Galego e da Avoaescola, Francisco López.
Galiza co Galego asinará un convenio de colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), organización con máis de 35 anos de traballo na defensa dos valores pedagóxicos e da educación en galego.
Data: martes 6 de novembro
Hora: 20.00h
Lugar: salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Rúa Olmos 16-18, 1º
15003 A Coruña

OBRADOIRO DE CIENCIAS:OS NOSOS BOSQUES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias:
Os nosos bosques
A través dos froitos de outono, toros, follas, liques, aromáticas ou bugallos aprenderán a distinguir e coñecer as árbores propias e alóctonas galegas. O obxectivo é comprender os bosques que crean no territorio galego. A toponimia, a antroponimia e a sinonimia terán un espazo salientable no obradoiro.

Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de 1.º de ESO
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar (por fax) cuberta, a
solicitude que se achega, o día 13 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 13 de
novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro Os nosos bosques
para 1.º ESO
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 13 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 21 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 21 novembro (mércores), ás 12:00 h
______ 22 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 22 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 23 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 23 novembro (venres), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________