venres, 11 de abril de 2014

GÚSTAME O GALEGO": ESO, BACHARELATO E FP

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Banda deseñada
As creacións deberán ser individuais ou por parellas e ter entre dúas e seis páxinas A4,
cun mínimo de 12 viñetas e un máximo de 36. As páxinas deberán estar numeradas.
Pódese usar calquera técnica que se desexe. Os traballos achegaranse en papel, tanto
os que orixinalmente teñan este formato, como os que se realizasen en formato dixital.
As propostas faránselle chegar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, acompañada cada unha delas dun sobre rotulado no exterior coas palabras
"banda deseñada ESO" no que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence
o autor ou autora, así como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga
de coordinar a actividade.
O traballo gañador decidirao un xurado que valorará tanto as destrezas técnicas como a
calidade argumental
Relato curto
Os relatos deberán entregarse en formato PDF. As creacións deberán ser orixinais e
individuais cun mínimo de 600 palabras e un máximo de 1500.
As propostas faránselle chegar por correo electrónico ao Servizo de Normalización Lingüística
do Concello de Vigo identi cadas co asunto "Concurso relato curto Gústame o
galego", acompañadas doutro arquivo de texto nomeado como "datos" que se identifique
con ela, no que consten a idade, centro e curso ao que pertence a autora ou autor; así
como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
O traballo gañador decidirao un xurado que valorará tanto a calidade da escrita como a
adecuación do fío argumental.
Vídeo de rap ou regueifa
As propostas serán vídeos nos que se cante e escenifique un rap ou unha regueifa, individualmente
ou en grupo. Terán unha duración mínima de 1 minuto e máxima de 2.
Os vídeos faránselle chegar nun CD ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello
de Vigo en formato MP4, MPEG-2, AVI ou WMV acompañado cada un deles dun sobre no
que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence o autor ou autora, así como
os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
Deberase indicar claramente no exterior do CD que este pertence á categoría de "Vídeo
rap e regueifa de ESO".
A votación terá lugar na canle de youtube da campaña Gústame o galego, contabilizando
os gústame que teña cada proposta no momento de remate do período de votación, en
caso de empate decidirá un xurado da organización. O período de votación, aínda por
determinar, estará comprendido entre o 29 de abril e o 31 de maio, avisarase das datas
concretas aos centros.

BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL
Microrrelato
Os relatos deberán entregarse en formato PDF. As creacións deberán ser orixinais e individuais
cun mínimo de 50 palabras e un máximo de 100.
As propostas faránselle chegar por correo electrónico ao Servizo de Normalización Lingüística
do Concello de Vigo identi cadas co asunto "concurso de microrrelato Gústame o
galego", acompañadas doutros arquivos de texto nomeado como "datos" que se identifiquen
con elas, no que consten a idade, centro e curso ao que pertence a autora ou autor; así
como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
A fase final realizarase mediante votación aberta no Facebook de Gústame o galego:
facebook.com/gustameogalego, onde se exporán todas as propostas recibidas. Gañará o
microrrelato que máis gústame obteña, en caso de empate decidirá un xurado da organización.
O período de votación, aínda por determinar, estará comprendido entre o 29 de abril
e 31 de maio, avisarase das datas concretas aos centros.
Vídeo de rap ou regueifa
As propostas serán vídeos nos que se cante e escenifique un rap ou unha regueifa, individualmente
ou en grupo. Terán unha duración mínima de 1 minuto e máxima de 2.
Os vídeos faránselle chegar nun CD ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello
de Vigo en formato MP4, MPEG-2, AVI ou WMV acompañado cada un deles dun sobre no
que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence o autor ou autora, así como
os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
Deberase indicar claramente no exterior do CD que este pertence á categoría de "Vídeo
rap e regueifa de bacharelato e FP".
A votación terá lugar na canle de youtube da campaña Gústame o galego, contabilizando
os gústame que teña cada proposta no momento de rematar das votacións, en caso de
empate decidirá un xurado da organización. O período de votación, aínda por determinar,
estará comprendido entre o 29 de abril e o 31 de maio, avisarase das datas concretas aos
centros.
Viñeta
As propostas consistirán nunha ou dúas viñetas das que se entregarán os orixinais ou
copias impresas no caso de estar en formato dixital. O tamaño non poderá superar os
60X40 cm e a técnica é libre.
As propostas faránselle chegar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, acompañada cada unha delas dun sobre rotulado no exterior coas palabras “viñeta
bacharelato e FP” no que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence o
autor ou autora, así como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de
coordinar a actividade.
A fase final realizarase mediante votación aberta no Facebook de Gústame o galego:
facebook.com/gustameogalego, onde se exporán todas as propostas recibidas. Gañará o
cartel que máis gústame obteña, en caso de empate decidirá un xurado da organización.
O período de votación, aínda por determinar, estará comprendido entre o 29 de abril e o 31
de maio, avisarase das datas concretas aos centros.

PREMIOS
Individuais ou por grupos
O premio para cada persoa ou grupo gañador na fase final do concurso consistirá na publicación
do seu traballo nun volume colectivo que recollerá todas as obras vencedoras das
distintas categorías e disciplinas, ademais dun lote de agasallos con produtos Gústame o
galego (chapas, mochilas e camiseta). Nos concursos de vídeo de Rap e Regueifa, ademais
da publicación, os gañadores serán invitados a actuar na entrega de premios.
Colectivos
Os centros de orixe dos gañadores individuais recibirán como premio unha media xornada
da actividade Gústame o galego, para realizar nas datas que eles e a xestión da campaña
acorden antes de fin de curso. Este premio non é acumulable, de xeito que, se o centro xa
recibiu unha actividade e resulta agraciado con outra, esta pasará para outro centro.
Entrega de premios
A entrega dos premios individuais realizarase nunha xornada festiva á que están convidados
todos os centros participantes. Na cerimonia contaremos con actuacións musicais e
espectáculos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario