xoves, 19 de xaneiro de 2017

CORRELINGUA: CONCURSOS


Boletín Correlingua: concursos do 2017


 

En galego, sen cancelas


Correlingua 2017: Concursos
 

Amigas e amigos:
O
prazo para inscribir os vosos centros nos concursos do Correlingua remata o MÉRCORES 1 DE FEBREIRO.
Recordade que, tal e como establecen as bases, as propostas deben ter en conta o lema deste ano:
EN GALEGO, SEN CANCELAS.
É importante que teñades en conta que tanto para o
concurso de elaboración do manifesto coma para o de banda deseñada é preferible que os grupos sexan aproximadamente de 25 alumnas e alumnos e que cada grupo debe ter un alcume.

Podedes atopar os formularios de inscrición nos seguintes enlaces:
Formulario de inscrición no manifesto:
http://www.correlingua.gal/formulario-de-inscricion-no-concurso-do-manifesto


Formulario de inscrición no concurso de vídeos:
http://www.correlingua.gal/formulario-de-inscricion-no-concurso-de-videos


Formulario de inscrición no concurso de banda deseñada:
http://www.correlingua.gal/formulario-de-inscricion-no-concurso-de-banda-desenada


Animádevos a participar co voso alumnado, entre todas e todos quitarémoslle as cancelas ao galego!
Moitas grazas pola vosa colaboración!



INSCRICIÓNS NAS CARREIRAS E FESTAS FINAIS

Para inscribir os vosos centros nunha CARREIRA E FESTA FINAL só tedes que clicar no seguinte enlace:
http://www.correlingua.gal/formulario-de-inscricion-no-correlingua


Peza gañadora do Concurso de Vídeo 2016

Recibes este correo ao subscribirte á lista do Correlingua. Grazas!
A nosa dirección de correo é correlingua@correlingua.gal

Darse de baixa nesta lista    Actualizar as preferencias da subscrición

Email Marketing Powered by MailChimp


CURSO DE ACHEGAMENTO Á LINGUA GALEGA