luns, 24 de abril de 2017

UNHA LECCIÓN DE CINE, 1º E 2º DE PRIMARIA


"Unha lección de cine" regresa outro ano máis e propón este filme, para o alumnado de 1.º e 2.º de primaria do Concello de Vigo.
 Esta actividade conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Pinocchio 3000 luns, 15 de maio e martes, 16 de maio 10:15 10:30 12:00 Sipnose: Ano 3000. Geppetto é un xenial inventor da cidade de Scamboville crea a Pinocchio: un pequeno robot, coa personalidade dun neno. Pinocchio, alegre, imaxinativo, curioso mais tamén testán e inocente está disposto a calquera cousa para conseguir o seu soño: converterse nun neno de verdade. O malvado alcalde Scamboli, inimigo de Gepetto, cre que as cativas e cativos perturban a orde da súa perfecta tecnocidade e pretende encerralos todos nun parque de atraccións. Duración: 88 min Longametraxe de animación por ordenador que adapta libremente o relato Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino de Carlo Collodi (1881).
As películas serán proxectadas no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar. É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir. Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado). Aos centros que asistan enviarémoslles a unidade didáctica do filme para traballar na aula.
 COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do martes 2 de maio (inclusive).

ACTIVIDADE " MAGAS" PARA 5º E 6º DE PRIMARIA. FICHA DE INSCRICIÓN



CURSO DE ESCRITURA CREATIVA PARA ADULTOS Obradoiro literario “Aliteraclara”

CURSO DE ESCRITURA CREATIVA PARA ADULTOS
Obradoiro literario “Aliteraclara” 
Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e impartido pola escritora Clara do Roxo

 Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.
  Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.
  Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.
 Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias.
  Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita.

 Información en 696 15 42 03 DATAS: nivel 1: 8, 15, 22, 29 de maio de 2017 nivel 2: 5, 12, 19, 26 de xuño de 2017 (para facer o nivel 2, é obrigatorio ter feito o nivel 1)

HORARIO: de 18:30 a 21:00 LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12) {Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono, DNI e datas nas que fixo o nivel 1) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

Obradoiro de contaminación luminosa na EOI de Vigo. 27/04/2017

Obradoiro de contaminación luminosa na EOI de Vigo. 27/04/2017

O 27 de abril, ás 20.:30, estaremos na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vigo (sede central en Martínez Garrido) cun obradoiro sobre contaminación luminosa en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística.
Neste obradoiro falaremos de astronomía (identificación de estrelas e constelacións) e de como medir a contaminación luminosa contando estrelas e tamén doutros tipos de medida e da súa interpretació. Falaremos de proxectos internacionais e de como participar neles. Faremos diferentes xogos para aprender as causas e consecuencias da contaminación luminosa. Ao remate todos os asistentes serán capaces de recoñecer a contaminación luminosa, de medila e de saber de que forma hai que iluminar en cada momento para facelo correctamente.
Esperámosvos na EOI de Vigo. O obradoiro é de balde pero convén inscribirse en calidadedoceo@gmail.com, en eoi.vigo.edl@gmail.com ou na conserxería do centro.

Equipo de Dinamización Lingüística
Escola Oficial de Idiomas de Vigo

luns, 3 de abril de 2017

UNHA LECCIÓN DE CINE

"Unha lección de cine" regresa outro ano máis e propón estes filmes, para o alumnado de ESO do Concello de Vigo.
Esta actividade conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais.

FILMES
18 comidas martes, 25 de abril  de 10:00, ( entrada)  a 12:45, aprox.
Heroína mércores, 26 de abril de 10:00 a 12:45 aprox.
Aos centros que asistan enviarémoslles a unidade didáctica do filme para traballar na aula.
Haberá un cinefórum ao rematar a película.
As películas serán proxectadas no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.
É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir.
Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado).

COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do xoves 6 de abril (inclusive).

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 61 63 64
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego